Sunday, September 03, 2006

Cousas - Este artigo está en galego, pero puedes leerlo igual, que seguro que lo entiendes

Aínda que a maioría do blog estará en castelán para poder chegar a un público máis amplo, é dicir, ademáis da miña familia, que o poida ler xente de Valladolid, intentarei poñer contidos en galego para que a xente atope un xeito máis enxebre de desfrutar das andanzas de "Juanjo o aventurero", personaxe ó que algúns dos máis célebres historiadores alcuman tamén como "O apoucado" ou directamente "O mamalón".

Se listes tódo-los artigos publicados ata o de agora, é que ou sodes familia, a miña moza, ou algún amigo de verdade, polo que douvo-las gracias e bicos.

Cambiando de tema, a xente de aquí éche ben rara. Rara máis que nada no sentido de distinta, variada, porque haiche asiáticos, que son a maioría, indios (indios da india, coma Apu o dos Simpson) e negros, que son americanos, pero en España non estamos acostumados a veren tantos. Este último grupo son os máis simpáticos, así que cando vaiades pola rúa preguntádelle a eles, que aínda que ás veces non se lles entende ben, son os que máis rin, o que se agradece moito cando estás lonxe da casa.

Outra cousa curiosa da xente é que son moi calados, case non óes a ninguén falando, agás pola noite, cando xogan os Steelers, que a xente vai berrando coma tolos, ou mellor dito, coma borrachos, que é como van.

Se non sabedes galego e aínda así o listes, gracias de novo. Somos los gomaespumaaaaa

No comments: